Saltar ao contido

Biosatellite 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biosatellite 2
TipoBiolóxico
Data de lanzamento7 de setembro de 1967, 22:04 GMT[1][2][3]
Foguete portadorDelta G[2][4][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][3][4]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso15 de setembro de 1967[6]
NSSDC ID1967-083B
Masa955 kg[2][4][6]

Biosatellite 2, tamén coñecido abreviadamente como Biosat 2 e como Biosatellite B, foi un satélite artificial non tripulado dos Estados Unidos pertencente ó programa Biosatellite para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 7 de setembro de 1967 mediante un foguete Delta G desde o complexo de lanzamento 17B do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Biosatellite 2 foi o segundo da serie de satélites Biosatellite. Foi lanzado nunha órbita inicial de 317 km de perixeo, 445 km de apoxeo e 32,9 graos de inclinación orbital, cun período de 92,2 minutos.[3][6]

Biosatellite 2 levaba a bordo 13 experimentos biolóxicos nos que se usaron insectos, ovos de ra, microorganismos e plantas. A cápsula regresou antes de tempo debido á ameaza de tormenta tropical na zona de recuperación e a problemas de comunicación entre a cápsula e as estacións terrestres. O obxectivo principal da misión foi determinar se o nivel de sensibilidade á radiación dos organismos vivos no espazo é maior, menor ou igual que en terra, para o cal se dispuxo dunha fonte de radiación no frontal da cápsula.[2][4][6]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BIOSAT 2" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (20 de abril de 2012). "Biosatellite 2" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 4 January 1968 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (68-00595). 8 de xaneiro de 1968: 4. Consultado o 5 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Biosat 1, 2, 3 (Bios 1, 2, 3)" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta G" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Biosatellite" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]